Somos Erva C.B., unha empresa de xardinería e paisaxismo, con base no concello de Mos (Pontevedra), que aspira a crear e manter espazos de lecer, cheos de vida e saúde, especialmente pensados para a xente que goza deles. A nosa actividade abrangue o deseño, a creación e o mantemento de todo tipo de zonas verdes ou axardinadas, tanto públicas coma privadas.
A nosa aposta é pola xardinería orgánica e polo respecto das características do ámbito onde se desenvolve a nosa actividade, traballando sempre coa mirada posta no que é sostible. Buscamos así lograr un rendimento óptimo do chan, conseguir a maior vitalidade para as súas plantas e unha beleza harmónica no seu xardín.
Así mesmo, recollemos en todo momento as ideas e suxestións que nos achegue o noso cliente, para compor conxuntamente un proxecto viable. Cada xardín é tan único como vostede, polo que usamos a nosa experiencia para artellar un espazo florecente que se adapte ao seu gusto, á arquitectura da súa vivenda e aos trazos específicos da súa contorna.
O noso persoal técnico axudaralle a que todo sexa máis fácil. Adaptámonos ás súas necesidades co único fin de obter un resultado positivo e duradeiro.
Pídanos asesoramento sen compromiso.
Creamos xardíns compatibles coa súa contorna, dunha forma sostible, tendo en conta o seu desenvolvemento ao longo do tempo, e optimizando os recursos hídricos no sistema de rego.
Coa nosa experiencia, tratamos de evitar na medida do posible o uso de produtos fitosanitarios, usándoos soamente cando sexa necesario.
Realizamos roces de forma manual ou mecánica e diferentes traballos silvícolas (podas, repoboacións, aclareos etc.)
Desenvolvemos os proxectos en formato dixital se vostede o desexa, supervisados polo noso persoal técnico (paisaxista ou técnico en xardinería). Así mesmo ofrecémoslle o noso asesoramiento técnico ante calquera tipo de dúbida.
Deseño,obras e regos automáticos
Mantementos, podas e tratamentos fitosanitarios
Rozas e traballos forestais
Asesoramento técnico
Podes contactar con nós a través do telf. :674 148 651
o tamén por correo electrónico
ervaxardineria@gmail.com
erva
servizos
traballos
consúltanos
Aviso Legal